Se queredes podedes atopar dentro deste recuncho a resposta a moitas das preguntas que pouco a pouco imos plantexando aos vosos fillos. Toda a información aquí recollida forma parte dos traballos elaborados por antigos alumnos e alumnas de 3º, 5º e 6º, cos que traballábamos a mitoloxía en atención educativa (antigamente alternativa á relixión).
Estou moi orgullosa deles, por iso volos presento.
Aquí están. Preme na imaxe para acceder.
Cales foron os dous primeiros traballos de Hércules?
Se alguén está interesado tamén pode consultar este póster dixital realizado por un antigo alumno do Recuncho de Paula.
O pasado mércores tivemos a sorte de gozar dun fantástico almorzo saudable a cargo dos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego Vigo capacita. Non só degustamos os produtaos elaborados por eles, senón que tamén ensináronnos a facer figuras con froitas e galletas. Logo deste gran xantar puidemos xogar e bailar cos alumnos/as do curso.
Graciñas a todos pola invitación!
Agora xa sabedes peques, a prepararlles ás familias este fin de semana un almorzo saudable. Aquí vos deixo a lista de alimentos que debedes incluir, jejejeje.
Peques a cociñar!
Se queres ver as fotos preme aquí.
Pido disculpas porque sen darme conta subín unhas fotos de aula, que nada tiñan que ver coa saída, era un momento de ralaxación da aula. De novo sinto a confusión. Xa están eliminadas.
Hoxe Nuno sorprendeunos na asamblea cun fantástico truco de maxia. A todos encantounos e por iso moitos dos nosos peques sei que queren aprender novos trucos para facer en clase.
Se vos animades aquí vos deixo uns enlaces para practicar con eles na casa.
Para seguir co noso empeño de sentar a base do entendemento das matemáticas de xeito manipulativo, pouco a pouco imos introducindo un material novo, esta vez tocan "Os bloques multibase".
Para que as familias poidades entender como se traballa con eles vos deixo uns vídeos.
E para que os nenos traballen con eles dende clase e dende casa, aquí tendes unhas actividades interactivas.
Ánimo e a aprender!!!!
Por agora só traballamos na aula as UNIDADES, pero hai quen se atreve coas DECENAS. Ide pouco a pouco nos xogos que están pensados para ir facendo durante todo o curso.
No primeiro xogo, hai que arrastrar dentro do rectángulo os bloques precisos
para representar o número que nos indican, ao son
do ritmo dos timbales. A medida
que imos engadindo bloques, vanse modificando tanto o número del
fondo, como os números dos timbales, á vez que se
despraza a man por enriba da regra. Así, cada movemento que fai o neno represéntase visualmente de múltiples xeitos.
Na seguinte actividade, hai que contar o número de bloques e escoller o número que representan entre tres opcións. Se acertas, un golfiño salta pero, se te trabucas ... unha quenlla dalle un mordisco á barca. Perdes a partida cando a quenlla cómese toda a barca. Ui, que medo!
Agora presentámovos o bingo base 10. Nel, podemos escoller para xogar unidades, decenas, centenas ou unidades de milleiro (para comezar escollemos Ones e Tens). Unha vez accedemos ao xogo, temos que observar os bloques e escoller o número correspondente da cuadrícula. Cada vez que acertemos, o número converterase nun personaxe divertido. E cando fagamos unha liña enteira de acertos, bingo!
E no último xogo, han de seleccionar "whole numbers" (números enteiros) e "easy level" (nivel inicial). Entón, pasarán a unha pantalla que lles fará comparar 2 números e terán que indicar se o primeiro é igual (=), maior (>) ou menor (<) que o segundo (arrastrando o signo correspondente encima do interrogante). Cando acertasen 5 veces (e gañado 5 copas) accederán a un xogo extra no que teñen que conducir un coche e ir conseguindo todas as moedas que conteñan un número impar (odd) ou un número par (even), segundo indíquennos antes de empezar a partida (este concepto non é importante polo de agora, polo que contal de que collamos moedas darémonos por satisfeitos). O coche manéxase coas 4 frechas do teclado que indican arriba, abaixo, dereita e esquerda. Coidado con non chocar con outros coches nin pisar manchas de aceite! Nin coller moedas con número par, que explotan! E unha vez acabado o xogo, se queren volver conducir o coche, terán que realizar de novo un exercicio.
Parte desta información está collida do blog: Aula de Elena. Grazas por compartilo.
Metidos de cheo no proxecto cada circo ou grupo vai construír un teatrillo de monicreques con caixas de cartón. Para elo cada grupo fixo unha asamblea onde decidiron o material que vai traer cada quen. Foi cousa deles.
Agora entramos en acción os adultos. Non é necesario que traian nada construido na casa, a elaboración é cousa do equipo e o faremos no cole. Tampouco é necesario mercar nada, teñen que traer cousas que teñan na casa e no cole tamén aportaremos material de aula. Non sei que lles saerá. Pero podedes estar seguros e seguras que vai ser traballo deles e por iso están tan ilusionados.
Cando estean rematados publicaremos as fotos.
Grazas pola vosa colaboración familias.
Prezadas familias.
Fago esta entrada para tratar de explicarvos como vai ser a proba de inglés, tal e como lle entendín a mestra Elena.
Na proba aparecerán escritas un listado de palabras que os alumnos e alumnas deberán recoñecer para copiar no lugar que corresponda. Por exemplo, terán escritos o listado de cores e terán que colocar cada un no lugar que proceda: Red ao lado dunha cereixa, Blue ao lado do mar, ... É dicir, os vosos peques teñen que identificalos nun listado e ser capaces de copialos.
Ánimo! que para estes peques isto está chupado.
Aproveito para comentarvos que estou moi orgullosa deles e que estas dúas últimas semanas están traballando dun xeito incríble, atentos, esforzándose por rematar as tarefas, colaborando uns cons outros, ...
Parabéns familias!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos as titorías a seguinte actividade: FESTIVAL DA CASTAÑA!
Para elo aportánnos aos titores unha plantilla para traballar a receita ou receitas que elixamos na aula. O alumnado terá que copiala e entendela para poder facer, de XEITO VOLUNTARIO, nas casas. Este traballo non terá ningunha repercusión na hora da avaliación.
Atendendo ao curso que nos ocupa decidín proporlle aos nenos e nenas unha receita moi sinxela e que eles poidan copiar, entender e realizar logo na casa. Levaron para casa a nota que se nos facilitou dende o mencionado equipo.
Adxunto a receita para aqueles que nos costa máis escribir, para que iso non supoña un problema a hora de cociñar este rico postre.
* Ao cole traerán só un puñado, o resto é para que vos deleitedes na casa.
* Esta receita está algo máis ampliada que a que lle pedín copiar aos vosos peques.
CASTAÑAS AO CHOCOLATE
INGREDIENTES:
500 gr de castañas
Sal
Auga
Herbas aromáticas: nébeda, fiúncho, vainilla e herba luísa. Elexide a que queirades, ou facede unha mistura de todas.
Chocolate para fundir
ELABORACIÓN:
Quitarlle a casca externa ás castañas.
Cocelas durante 10 minutos coa sal e coas aromáticas elixidas. Temos que notalas tenras, senón deixalas máis tempo.
Escorrelas e deixar que arrefríen para sacarlle a pel interna.
Colocalas nunha fonte ou bandexa.
Fundir chocolate, darlle un baño con el ás castañas e metelas na neveira. Neste paso pódense engadir algúns adornos ao chocolate (virutas, doces, ...).
Cando xa estén frías faremos o paso máis importante ... COMELAS!!!!
En colaboración co departamento de orientación, comezamos cos MURAIS DE RELAXARNOS. Temos catro zonas na clase. En certos momentos de cansanzo poden ir, previo permiso, a colorear un pouco. A idea é pintar unha zona pequena do debuxo e volver a traballar. Como vin que lles gustou moito, os calman e que alguén me pedíu levar unha para casa, decidín facer copia para todos. O que terán que facer (se queren, posto que non é tarefa extraescolar, nin moito menos) é pegala a certa altura, non queremos que a fagan sentados, para que a distingan da típica ficha de colorear. Poden colorear en descanso de deberes, en momentos de aburrimento, ou en pausas de tele. Cando vos vexades ou cando eles decidan. As instrucións de como colorear xa as saben. Cando rematen poden traela ao cole para amosarllas aos compis.
Para poder mellorar a caligrafía dos nosos peques podemos botar man da seguinte páxina: copia mclibre.org. Nela o neno ou nena poderá elexir o texto que quere copiar. Eles poden dictarvos e vós escribides. Tamén podedes copiar e pegar documentos que teñades, contos, ... Logo se crea un documento en pdf, que podedes imprimir para que eles fagan a copia.
O máis positivo deste traballo é que eles mesmos poden elixir o texto.
Podedes aproveitar este recurso para contestar as preguntas do proxecto "Investigamos?"
Aquí vos deixo un modelo de ficha para que vexades o resultado final. Copia de poesía.
A partir da semana próxima introduciremos un obradoiro de atención en dúas sesións semanais (media sesión de cada vez). Alternaremos xogos de mesa, fichas, xogos manipulativos e de ordenador.
Como cada aprendizaxe escolar pode ampliarse na casa, así que se queredes colaborar a que os vosos peques melloren este aspecto, aquí tendes un repositorio de actividades recollidos do blog: Milagro TIC.
Grazas a colaboración de Cristina, a orientadora deste centro, empregamos na nosa aula os movementos que activan a mente. Os introducimos antes dunha explicación importante ou dun traballo que necesite da posta en acción de varios sentidos. Nestes casos empregamos, polo momento, estes:
Axustando antenas
Batalla de dedos
Os nenos e nenas que durante a xornada necesitan moverse para volver a manter a atención realizan o seguinte:
En marcha
Podedes pedirlles que volos ensinen en casa, posto que xa case son uns expertos.
Pouco a pouco iremos introducindo outros novos.
Se queredes saber algo máis sobre este método premede aquí.
Os Minds Moves na escola poden traballarse do seguinte xeito. Accede.
Como ven sabedes introducimos a meditación na aula de 1ºA. Todos os días, á volta do patio e logo da lectura diaria, empregamos 5 minutos para meditar. Deste xeito conseguimos estar TRANQUILOS E ATENTOS COMO UNHA RA.
A meditación que empregamos está incluída no libro CD de Eline Snel. Por agora facemos a meditación denominda "La ranita" e pouco a pouco iremos introducindo outras novas. A próxima será o EXERCICIO DO SPAGUETTI.
Fago esta entrada porque sei que vos falan dela e intentana facer na casa. Así que se vos animades a afundizar no tema do Mindfulness infantil recoméndovos este libro.
Xa levamos un cacho de curso e aínda hai unha alfombra constante de chaquetas, jejeje.
A ver se desta vai!
Aquí vos deixo un método ancestral de NINJAS :)
Aquí vos deixo unhas fotos onde podedes ver a estupenda exposicións de cabazas da nosa clase. Parabéns ás familias polo voso traballo. E ollo se polo medio se colan unhas bruxas, non lles teñades medo, son Maruxa e Pituxa que nos fixeron unha doce visita.