Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

domingo, 21 de abril de 2013

AIRIÑOS DA NOSA TERRA

Videomontaxe fotográfico realizado polo CEP. Celso Emilio Ferreiro de Vigo para participar no concurso "Imaxina Cantares" de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia co gallo do 150 aniversario de Cantares gallegos (17 de maio do 2013).
Neste traballo participaron o alumnado de 4ºB recitando o poema de Airiños, airiños aires de Rosalía de Castro, o alumnado de 5º A e B, máis o anterior, aportando imaxes da nosa terra, onde podemos observar o que é para cada un deles Galicia. E por último na banda sonora composta polo noso mestre de música, Jesús, participan á frauta dous alumnos de 6º, Xian e Lucía, e tres alumnas de 4ºB, Dina aos crótalos, Noemi ao bombo e Ainara ao piano. O noso mestre Jesús acompaña co metalófono.
Coordinadora deste traballo: Paula Rey Silva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario