Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

martes, 24 de diciembre de 2013

O NADAL EN 3ºB

Así decoramos a nosa aula, perdón, o noso establo de renos, jejeje.

Fixemos unha árbore adornada cos nosos desexos para o 2014.

Recibimos unha postal e un aguinaldo dos nosos curmáns e curmás do Vicente Risco; por suposto, eles tamén recibiron un da nosa parte. Foi chulísimo, déronnos unhas postais moi bonitas e un Papa Noel para decorar as nosas árbores.




Nós fixémolles uns renos que en lugar de nariz, teñen un chupa-chups.


Antes da festa miramos a película: "La historia interminable II". Despois de ver a un, e de tanto ler para salvar o reino de fantasía, tiñamos moitas ganas de saber que pasara con Bastián e Atreyu.

E por fin a festa...
Recibimos a visita dos Reis Magos, que viñeron cargados de bos dexesos, caramelos e agasallos.





Intercambiamos s agasallos do amigo invisible.



Papamos unha pedazo merendola e bailamos un montón.

Agora só nos queda desexar que o ano que comeza, sexa polo menos, tan bó como o que remata...
Estou moi contenta co voso traballo, meus peques!

No hay comentarios:

Publicar un comentario