Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

lunes, 26 de octubre de 2015

INVESTIGAMOS?

A partir desta semana e para espertar a curiosidade, a iniciativa e a capacidade de aprender a aprender imos por en marcha un pequeno proxecto de investigación titulado INVESTIGAMOS? É un traballo para compartir coas familias.
Pouco a pouco iremos plantexando preguntas, unhas veces eu, e outras os vosos peques. Os que queiran tratarán de resolvelas. Poden consultar tanto libros como páxinas web, na biblioteca do cole convosco polas tardes, ou na casa. Poden tamén preguntar a algún experto na materia (un avó/a, un irmán, tía, veciño, amigo, ....)
 Cando teñan a resposta escribirana nun cuarto de folio (en poucas palabras) que traerán ao cole para pegar no mural correspondente. Teredes que axudarlles a preparar un pequeno discurso para que expliquen (sen ler) a resposta á pregunta plantexada diante dos seus compañeiros/as.
Unha vez teñamos todas as posibles solucións, entre todos, comprobaremos cal é a correcta.

Con el coloboraremos dun xeito máis informal no Proxecto do cole: "BUSCAR, ELABORAR E COMPARTIR", posto que o que vos plantexo é voluntario. Formalmente traballaremos dende a aula pero con outros proxectos.

Aquí vos presento o mural e a primeira gran pregunta (que como comprobaredes, deixa a porta aberta a outras moitas...)
QUE É A MITOLOXÍA?
Tamén vos animo a que contestedes nos comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario