Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 14 de enero de 2016

CLASS DOJO


Queremos informarvos de que a partir desta semana temos en marcha unha aula virtual coa ferramenta tecnolóxica CLASSDOJO. Unha aplicación que xa ten máis de 30 millóns de usuarios en máis de 100 países diferentes e que empregan varios mestres do cole, entre eles o noso compi de 1ºB, Bruno.
A maioría de aplicacións de ensino están pensadas para que os alumnos/as aprendan unha materia en concreto; son xogos pensados especificamente para aprender matemáticas, ciencias, lingua ou idiomas, pero no caso de Class Dojo estamos ante unha aplicación que pretende que os alumnos e alumnas xoguen para ter o comportamento adecuado en clase e así mellorar a súa aprendizaxe.
Class Dojo está pensada sobre todo para que os alumnos/as de educación infantil e primeiros cursos de primaria desenvolvan os hábitos e as aptitudes que lles axudarán a aproveitar as clases e a manter uns niveis de aprendizaxe óptimos durante toda a súa formación académica.
A dinámica é bastante simple. O profesor/a crea a súa clase poñendo as regras do xogo, é dicir, decidindo que calidades avaliará de cada alumno/a. No noso caso, fixémola en asemblea, partindo das nosas normas de clase. Todos estes comportamentos sumarán puntos positivos, pero o profesor tamén poderá avaliar calidades negativas que restarán.
Grazas a Class Dojo tanto o profesorado como as familias, disporemos dun rexistro do comportamento dos nenos e nenas, tanto da clase globalmente, dos grupos de traballo, como personalizado. Esta información permítelle xerar informes, tanto de días concretos como por un rango de datas, trimestres ou cursos completos para poder ver a evolución dos alumnos/as.
Outra vantaxe de Class Dojo é que ademais da versión de escritorio (PC), atopamos aplicacións tanto para Android como para iOS para profesores, alumnos e pais.
A idea en si non é nova, aínda que si o é a súa posta en marcha en contornas dixitais. Class Dojo utiliza o que se chama Economía de Fichas, unha metodoloxía que utiliza a acumulación de puntos para modificar a conduta dos alumnos/as e conducila cara ao socialmente desexable. Moitas veces refórzase esta técnica dándolle acceso ao neno ou nena a un premio polas fichas acumuladas, como vimos facendo ata o de agora co semáforo do comportamento. Polo tanto, as familias que se vaian rexistrando, en lugar da carita verde na axenda recibirán as notificacións no móbil, tableta ou PC.
                Así pois, Class Dojo móstrase como unha ferramenta moi útil para aprender xogando, unha forma de facer máis apetecible ir a clase e estar motivados para aprender.
Fonte: “Educa Jugando: el ejemplo de Class Dojo” (http://mobileworldcapital.com/es/487/)
https://www.classdojo.com/es-ES/#LearnMore
Preme na imaxe para saber máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario