Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 9 de marzo de 2016

SAÍDA AOS VIVEIROS ADOA

O pasado martes tivemos a sorte de ir visitar as instalacións de Viveiros Adoa. Alí ensináronnos moitas cousas do mundo das plantas.
Tamén puidemos plantar unha árbore, unha Faia, á que lle puxemos de nome CUQUI. Esta árbore estará un ano ao coidado do persoal do viveiro, iso si, poderémola ir visitar sempre que queiramos. Temos que deixar que pase un ano para que enraíce e poder plantala no cole ou no monte, xa se verá.
Como agasallo entregaron unha Viola para cada neno/a. É unha planta de tempada, polo que a súa vida será curta. O que si sería moi positivo e que os peques recolleran a semente que vai deixar a flor, para poder plantar unha nova Viola, e así completar a reprodución desta planta.
Para clase déronnos un Cyclamen que coidaremos con moito mimo.
Aquí tendes o álbum da saída, pero como adianto, vos presentamos a Cuqui.

No hay comentarios:

Publicar un comentario