Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 26 de enero de 2017

AS PEGADAS DO PERDÓN

Este ano, pola conmemoración do Día escolar da paz e a non violencia, os Canimonsters puxemos en marcha o recuncho das Pegadas do Perdón.
Tal e como nos afirman na web "natursan", a palabra SÍNTOO en moitas ocasións resulta moi difícil de pronunciar, pois iso leva un recoñecemento dun erro. Pero..
Errar é de sabios, pedir perdón é de valentes.

Aquí tendes o enlace a esta web onde explican moi ben os beneficios de PEDIR PERDÓN.
Dende esta semana cando os Canimonsters sinten a necesidade de desculparse tras unha acción da que están arrepentidos/as teñen a oportunidade de pedir perdón e de plasmar esa acción neste mural. Como ben podedes observar este perdón queda plasmado en forma de corazón. Comprenden tamén que é unha boa maneira de contribuír co día da paz, porque como ben saben 
"A PAZ COMEZA POR UN MESMO".
J. Henri Bouché Peris
Idea baseada na entrada "Las huellas de la paz" da web Justifica tu Respuesta: http://justificaturespuesta.com/actividades-de-tutoria/

No hay comentarios:

Publicar un comentario