Pero, ... que é un club de lectura?
Un club de lectura, tal e como nos explica Blanca Calvo: "é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas desde o encontro anterior.
Nas reunións se debate sobre o que se leu en casa: o estilo literario, a acción mesma, os personaxes... e é bastante frecuente derivar desde o libro ás experiencias persoais dos membros do club".
Nós, debido a curta idade dos nosos lectores o imos a adaptar. Leran un libro ao mes e reunirémonos unha vez rematado. As reunións serán mensuais, un martes pola tarde. Polo que podemos comprobar trátase dunha ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR E TOTALMENTE VOLUNTARIO PARA O NOSO ALUMNADO.
Os libros que lerán serán propostos polas encargadas do club de lectura (eu mesma e a coordinadora de biblioteca do noso cole). Estes libros emprestaránse aos membros do club. As familias non teñen que mercalos.
Así que xa sabedes animádevos a participar. Zarpamos en xaneiro!!!
Aquí vos deixo os exemplos de clubs de lectura que nos van a servir de guía e apoio para a nosa aventura. Un millón de grazas!
- Club de lectura Bibliobrey. CEIP Bouza Brey de Ponteareas
- Club de lectura Trasnadas lectoras. Da biblioteca pública Juan Campañel de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario