Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 13 de septiembre de 2017

COHESIÓN GRUPAL

Unha vez realizado un pequeno test onde cada Canimonster escribía o nome de tres persoas coas que lle gustaría formar equipo, compaxinado coas capacidades de todos e cada un dos Canimonsters xa están constituidos os equipos cooperativos de base.
Agora toca traballar a COHESIÓN GRUPAL. Para isto empregamos varias dinámicas do programa CA/AC (cooperar para aprender/ aprender a cooperar):
  • A pelota: xogo onde cada quen oirá de boca dalgún compañeiro/a unha calidade.
  • Grupo nominal: para as normas de aula.
  • A entrevista: para asemblea de benvida. Falamos das nosas vacacións.
  • Páxinas amarelas: onde cada un ofertará algún servizo que ofrecerá gratuitamente ao resto durante todo o curso. 
  • O blanco e a diana: para coñecer as fortalezas e debilidades de cada equipo.  
  • Coñecémonos ben: cubrimos un pequeno cuestionario sobre, gustos, calidades, afecccións e logo os intercambiamos entre todos. 
  • A tea de araña: para comprender que entre todos formamos un gran equipo, OS CANIMONSTERS.
Todas estas dinámicas irémolas repetindo durante o curso, nos momentos en que detectemos que hai que incidir na cohesión dalgún ou varios grupos. Para traballar en equipo é indispensable que esta non falle.

Aquí vos deixo a foto da preparación doutra delas. A ÁRBORE DAS PEGADAS.


COMENDO DELICIAS DE CHOCOLATE!
Como unha Canimonster totalmente integrada, a nosa nova compañeira Elba quixo compartir con nós unhas riquísimas delicias feitas por ela na casa. Así da gusto volver ao cole!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario