Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

viernes, 21 de septiembre de 2018

COHESIÓN GRUPAL

Aínda que crían que xa se coñecían, estes días puideron comprobar grazas as dinámicas de cohesión, que non tanto. É moi importante coñecernos todos para poder traballar en equipo e sentirnos membros da clase MONSTER 2.3.
Agora toca traballar a COHESIÓN GRUPAL. Para isto empregaremosmos varias dinámicas do programa CA/AC (cooperar para aprender/ aprender a cooperar):

  • A pelota: xogo onde cada quen oirá de boca dalgún compañeiro/a unha calidade.
  • Grupo nominal: para as normas de aula.
  • A entrevista: para asemblea de benvida. Falamos das nosas vacacións.
  • Páxinas amarelas: onde cada un ofertará algún servizo que ofrecerá gratuitamente ao resto durante todo o curso. 
  • O blanco e a diana: para coñecer as fortalezas e debilidades de cada equipo.  
  • Coñecémonos ben: cubrimos un pequeno cuestionario sobre, gustos, calidades, afecccións e logo os intercambiamos entre todos. 
  • A tea de araña: para comprender que entre todos formamos un gran equipo, OS CANIMONSTERS.
Todas estas dinámicas irémolas repetindo durante o curso, nos momentos en que detectemos que hai que incidir na cohesión dalgún ou varios grupos. Para traballar en equipo é indispensable que esta non falle.

Aquí vos deixo a foto da preparación doutra delas. A ÁRBORE DAS PEGADAS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario