Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

martes, 20 de octubre de 2015

A VOLTAS COAS MATES!

Metidos de cheo en materia toca aprender a sumar. Para elo imos a acompañar a nosa aprendizaxe coas regletas e cos ábacos. Pero comezamos coas regletas.
Os vosos peques teñen nas casas unhas regletas de cartón que viñan con material de aula. É importante que os nenos e nenas se vaian familiarizando coas cores dos números que forman a escaleira. Por iso na clase estamos a traballar con elas e aproveitamos para escribir cada númeto coas súa cor correspondente na regleta. Se o número que temos que escribir é maior de dez, collemos a decena e a escribimos co laranxa (cor do dez) e a unidade coa cor correspondente (3, 4, 2, ...).
Podedes practicar na casa a poñerlle sumas sinxelas e a que vos digan as cores dos números. Lémbrade que para sumar formamos un tren cos sumando e buscamos unha regleta que sexa igual de longa que ese tren. 
Se son sumas maiores de dez teríamos que completar con unidades. Pero isto mellor deixádeo para clase, xa que temos regletas de madeira e unha gran cantidade delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario