Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 15 de octubre de 2015

O SEMÁFORO DO COMPORTAMENTO

Xa está listo!
Aquí tendes o noso semáforo do comportamento que nos indicará en cada momento como nos estamos portando a nivel individual. Funciona así:
Cada xornada comezamos todos no disco verde. Se nalgún momento incumprimos unhas das nosas normas de clase cambiamos ao disco amarelo. Se volvemos a incumprir outra, pasamos ao vermello...
Este proceso é reversible, é dicir, no momento en que un neno/a volve a cumprir as normas durante un período prolongado pode cambiar de disco. 
No momento dos Recunchos só poderán ir a eles os nenos e nenas que teñan a pinza co seu nome no disco verde.
Ao final da xornada, os que estean no verde levarán unha carita verde na axenda. Podédela trocar na casa por algún premio especial, como por exemplo: un abrazo, un bico, que lle leades o seu conto preferido, ... É dicir, evitaremos premios materiais, posto que é un traballo diario. Outra cousa é que cheguedes a un acordo cos vosos peques para intercambiar o número de caritas que estimedes oportunas ( 5, 6, 10, ...) por un premio diferente, aínda máis especial (un xeado, ir ao seu parque preferido, ... aquí si poderíades incluír algún pequeno agasallo: cromos, chuches, canicas, ...).
*Lembrade que as normas de clase foron elixidas por todos en asamblea e que todos estamparon a súa firma nelas.
*Outra aclaración é que non ten que ver co tempo de xogos dos venres, para xogar hai que gañar os puntos semanais, que cada semana irán en aumento.

Espero que esta dinámica axude a que convivamos mellor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario