Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 15 de octubre de 2015

PROXECTO DO CIRCO

Velaeiquí está a nosa primeira parte do proxecto.
Os peques están interesados en aprender moitas cousas; queredes saber cales?
Pois adiante.
QUE SABEMOS SOBRE O CIRCO?
  • Que hai malabaristas, pallasos e trapecistas.
  • Que antes había animais.
  • Que viaxan dun lado a outro.
  • Que hai que pagar unha entrada.
QUE QUEREMOS SABER?
  • Como se chaman os que se tiran polos canóns. 
  • Quen son os que teñen aros con lume e animais.
  • Se hai nenos e nenas nos circos.
  • Se hai coles.
  • Cando se inventaron.
  • Como se chaman os que andan pola corda frouxa.
  • Como se chama o que salta por encima dos touros.
  • Se teñen piscina.
  • Se nos circos nacen os pallasos.
  • Cal foi o primeiro país que tivo un circo.
  • Porque en Vigo non hai circos de animais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario