Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta COÑECEMENTO DO MEDIO 3º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COÑECEMENTO DO MEDIO 3º. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de junio de 2014

PRESENTACIÓN DOS VOSOS TRABALLOS DO HORTO ESCOLAR

Logo dun trimestre cargado de leitugas, tomates, miñocas, xoaniñas, ... Buf! un montón de experiencias e aprendizaxes tocouvos a vós amosarnos o que aprendichedes.
Pois velaí tendes o voso traballo. Parabéns meus peques!
A verdade ponme triste saber que é o voso derrardeiro traballo comigo...
Só espero que continuedes por este camiño.

lunes, 21 de abril de 2014

A FAUNA DO NOSO HORTO: Onde buscamos información?

Xa sabedes que temos que investigar, buscar, aprender, coidar, controlar a fauna do noso horto pero, onde buscamos a información que precisamos?, onde podemos resolver as dúbidas que xurdan?
Pois para iso tendes esta listaxe de recursos web:
  • Blog "En torno al huerto" do CEIP Maria Montessori de Móstoles. Nel podedes ver as fotos e videos dos animais que eles foron atopando no seu horto. Interesante para coñecer o nome dos animais que podemos atoparnos nós.
  • Presentación: "Animales del huerto de mi colegio" elaborado por Jesús Saiz Alonso do colexio público San José-Torrejón de la Calzada.
  • Blog: "Artropolandia", bechos da horta.
  • Para aprender máis e para poder facer un niño de crisopas accede a web de Sergi Caballero.

miércoles, 9 de abril de 2014

24 HORAS, 4 LUGARES, 4 ESTACIÓNS: Proxecto Terra

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo estes videos que tanto vos gustaron.
INVERNO
PRIMAVERA
OUTONO
VERÁN

A PAISAXE: Proxecto Terra

Xa vos falei na clase deste estupendo Proxecto Terra. Agora toca aproveitarnos de todos estes fabulosos recursos que elaboraron para os nenos galegos.
A PAISAXE

GOOGLE EARTH

Para coñecer mellor o mundo en que vivimos google ofrécenos esta plataforma dixital. Podedela descargar no voso ordenador e así viaxeredes polo mundo. En fin xa sabedes como vai, verdade?
Para descargalo preme aquí.

24 HORAS EN CATRO ESTACIÓNS. O Courel

jueves, 27 de febrero de 2014

TEMA 7. AS PLANTAS

Que mellor que estudar in situ estes seres vivos, tan importantes!!!
No nosos patio atopamos árbores de folla caduca.




Árbores de folla perenne.



Aproveitamos as fotos coas árbores para comprobar como son os talos leñosos.
Buscamos talos herbáceos.



Noutra sesión aproveitamos para estudar as partes dunha flor. Para iso collimos camelias do patio e...






martes, 18 de febrero de 2014

A FAUNA DO HORTO ESCOLAR

Este curso andamos a voltas todo o cole cun proxecto chamado Agricultura familiar e ecolóxica: O horto escolar. O noso curso encargarase de estudar a fauna dun horto, e casualmente aparecéronnos uns visitantes do reino animal na nosa aula. Lembrádevos das nosas plantas? Pois nunha delas decidiron quedarse a vivir uns pulgóns. E nós, a pesares de sentilo moito polos eles, temos que protexelas do xeito máis natural e ecolóxico que coñecemos: Con zume de ortigas.

Velaí tedes todo o proceso.
Recollimos ortigas e deixamolas a macerar 4 días en auga.
 

Día 1
Día 2
Día3
Día 4
Produto final, que peste!


lunes, 3 de febrero de 2014

A ALIMENTACIÓN DOS ANIMAIS

Neste xogo de supersaber.com comprobaredes se sodes uns expertos na alimentación da nosa fauna.
Pois a darlles de comer!
http://www.supersaber.com/zoo.htm
Podedes practicar tamén coa actividade de Wikisaber.com.

sábado, 25 de enero de 2014

HÁBITOS SAUDABLES

Neste tema de coñe andamos a voltas para APRENDER FACENDO.
Primeiro fixemos un pequeno estudo dos habitos saudables das nosas familias e para rematar andamos facendo uns murais para animar a todo o cole a que cuide a súa saúde.
Grupo 4
Grupo 1
Grupo 5
Grupo 2
Grupo 3


miércoles, 15 de enero de 2014

A SAÚDE E O DEPORTE

Aquí vos deixo os videos de este tema que miramos na clase.
Espero que sigades aprendendo como mantervos sans con eles.

domingo, 8 de diciembre de 2013

OS NOSOS MOVEMENTOS

Unha vez rematado o tema, nada mellor que aprendelo xogando, non cres?
Para iso tendes este LIM.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/148898518/os_nosos_movementos/os_nosos_movementos.html

jueves, 5 de diciembre de 2013

OS NOSOS MOVEMENTOS

Para repasar este tema, aquí vos deixo os videos que puxemos na clase.
Recordade, empregamos máis músculos ou ósos para falar?
Aparato locomotor:
Ósos e esqueleto:
Canción de Migallas: O noso corpo.
As capas do corpo humano:

domingo, 1 de diciembre de 2013

O CORPO HUMANO

Agora que xa sabemos algo máis sobre o noso corpo, atréveste con este xogo? Músculos e ósos de "juegos educativos.
http://juegos.educativos.info/game.php?id=660

martes, 26 de noviembre de 2013

miércoles, 20 de noviembre de 2013

MENUDA SEMANA DE ESFORZOS! OBRADOIRO DE SABORES









OS NOSOS SENTIDOS

https://dl.dropboxusercontent.com/u/148898518/os_nosos_sentidos/os_nosos_sentidos.html
Como levades o repaso do tema?
Espero que moi ben e que pouco a pouco consigades facer este LIM sen a axuda do libro de texto.
Ánimo a ver quen consegue facelo sen axuda do libro!

martes, 12 de noviembre de 2013

OBRADOIRO DE SACOS AROMÁTICOS

Onte tivemos a sorte de aprender moitas cousas con Diana, da asociación Faia de educación ambiental, nun obradoiro de Sacos Aromáticos. Esta actividade foi organizada pola Concellería de Normalización Linguística.
Nel aprendemos a distinguir varias herbas arómaticas e os seus usos. Para rematar, con follas de lavanda, fixemos uns saquiños aromáticos.
Que ben arrecenden!, a que si?

domingo, 10 de noviembre de 2013

APRENDEMOS A SEPARAR RESIDUOS CORRECTAMENTE CON RECICLIÑO E RECICLIÑA!

O pasado venres tivemos a sorte de aprender a reciclar, grazas ao programa municipal VIGO RECICLA e a Recicliña e Recicliño.

Logo de estar moi atentos nas explicacións demostramos a nosa habilidade para separar os residuos nos colectores adecuados.
Sentímonos como auténticos heroes e heroinas da reciclaxe.
Para demostralo, deixamosvos unhas fotos.