Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA 1º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA 1º. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de mayo de 2016

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Grazas a Manuel María pola súa contribución a nosa lingua.
Uxía e Magin na casa de Manuel María', libro "Canta o cuco" editado por Galaxia na colección de Sonárbore -"A cidade " poema de Manuel María
Ilustracións alumnado de 1º ESO C
Un traballo do "Obradoiro DE PLÁSTICA AS BARXAS"
Profesor Luz Beloso

miércoles, 24 de febrero de 2016

HOMENAXE A ROSALÍA 2016. NENOS E NENAS DE 1ºA

Para conmemorar este día a nosa compañeira Angélica aprendeu na casa unha poesía que quixo compartir con nós. Aquí a tendes.
Pero non quedou aí. Os nenos e nenas que así o quixeron aprenderon e recitaron unha estrofa de Airiños, airiños aires. Aquí está.

lunes, 16 de noviembre de 2015

QUE É O OLIMPO?






QUE É A MITOLOXÍA?









FESTIVAL DA CASTAÑA!

Grazas a estes grandes cociñeiros e cociñeiras puidemos celebrar esta rica degustación.
Sodes uns artistas!






martes, 10 de noviembre de 2015

CASTAÑAS AO CHOCOLATE

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos as titorías a seguinte actividade: FESTIVAL DA CASTAÑA!
Para elo aportánnos aos titores unha plantilla para traballar a receita ou receitas que elixamos na aula. O alumnado terá que copiala e entendela para poder facer, de XEITO VOLUNTARIO, nas casas. Este traballo non terá ningunha repercusión na hora da avaliación.
Atendendo ao curso que nos ocupa decidín proporlle aos nenos e nenas unha receita moi sinxela e que eles poidan copiar, entender e realizar logo na casa. Levaron para casa a nota que se nos facilitou dende o mencionado equipo.

Adxunto a receita para aqueles que nos costa máis escribir, para que iso non supoña un problema a hora de cociñar este rico postre.
* Ao cole traerán só un puñado, o resto é para que vos deleitedes na casa.
* Esta receita está algo máis ampliada que a que lle pedín copiar aos vosos peques.

CASTAÑAS AO CHOCOLATE

INGREDIENTES:
  • 500 gr de castañas
  • Sal
  • Auga
  • Herbas aromáticas: nébeda, fiúncho, vainilla e herba luísa. Elexide a que queirades, ou facede unha mistura de todas.
  • Chocolate para fundir
ELABORACIÓN:
  1. Quitarlle a casca externa ás castañas.
  2. Cocelas durante 10 minutos coa sal e coas aromáticas elixidas.  Temos que notalas tenras, senón deixalas máis tempo.
  3. Escorrelas e deixar que arrefríen para sacarlle a pel interna.
  4. Colocalas nunha fonte ou bandexa.
  5. Fundir chocolate, darlle un baño con el ás castañas e metelas na neveira. Neste paso pódense engadir algúns adornos ao chocolate (virutas, doces, ...).
  6. Cando xa estén frías faremos o paso máis importante ... COMELAS!!!!
BO PROVEITO!
 
NÉBEDA
HERBA LUÍSA
FIÚNCHO
VAINILLA   

jueves, 5 de noviembre de 2015

XERADOR DE FICHAS DE CALIGRAFÍA PARA IMPRIMIR

Para poder mellorar a caligrafía dos nosos peques podemos botar man da seguinte páxina: copia mclibre.org. Nela o neno ou nena poderá elexir o texto que quere copiar. Eles poden dictarvos e vós escribides. Tamén podedes copiar e pegar documentos que teñades, contos, ... Logo se crea un documento en pdf, que podedes imprimir para que eles fagan a copia.
O máis positivo deste traballo é que eles mesmos poden elixir o texto.
Podedes aproveitar este recurso para contestar as preguntas do proxecto "Investigamos?"

Aquí vos deixo un modelo de ficha para que vexades o resultado final. Copia de poesía.

lunes, 26 de octubre de 2015

COMO SE DI ... ? DISE:

Este curso imos a colaborar co Equipo de Dinamización de Lingua Galega para entre todos facer que o noso alumnado fale cada vez máis galego.
O primeiro traballo que nos propuseron foi este...
COMO SE DI ... ? 
A nosa clase tocouno expoñerlle ao resto do cole Como se di en galego moito do material escolar que usamos cada día. E aquí tendes a nosa primeira aportación. 
Nos próximos días iremos engadindo a segunda e a terceira parte deste estupendo traballo.

martes, 20 de octubre de 2015

A VOLTAS COAS POESÍAS!

Queridos pais, nais, avós e avoas de futuros poetas!
Como puidestes comprobar na clase estamos aprendendo poesías, tanto en galego coma en castelán.
Os vosos peques pouco a pouco vannas copiando nos cadernos correspondentes e logo lévanas para casa para lérvolas e para que lle axudedes a memorizalas.
Se cando van os cadernos para casa vedes que a letra non é lexible e que a poden mellorar, anímovos a que lles axudedes a empezar de novo. Na clase non se concentran tan ben como na casa e, se lles botades unha man poden escribir moito mellor. Podedes marcarlle con cor verde a palabra que fixeron con mellor letra, para facer fincapé no que fixeron mellor. Senón non pasa nada, queda como a copiaron na clase.
Sobre a correción con boli verde vos enlazo un artigo que non ten desperdicio. Pero que eu na clase por agora, por mor da cantidade de nenos que hai non vou a empregar; pero anímovos a que o fagades na casa.

http://verne.elpais.com/verne/2015/10/07/articulo/1444231771_661315.html

Tamén podedes ir facendo con eles pequenos traballos de escritura, poden facerse nos cadernos de clase ou en folios, depende de se os levaron ou non. Poden escribir pequenos contos, copiar poesías, etc. Todo virá acompañado de debuxos representativos.

Por se alguén está interesado en ir traballando poesía, por agora aprendimos enteira a seguinte:

UN RATO DÍXOLLE Á LÚA

Un rato díxolle á lúa:
-“Nunca reparas en min,
por iso vivo na rúa
metido nun calcetín.”

Ela fitouno abraiada
déronlle ganas de rir,
daquela apagou a lámpada
e dispúxose a durmir.

Polo desprezo da lúa
o ratiño alporizado
berroulle con moita forza:
-“Xa non estou namorado.”

Antonio García Teijeiro

E a medio rematar temos a seguinte (marco en negrilla as estrofas que xa aprendimos):

El lagarto está llorando
El lagarto está llorando.
La lagarta está llorando.

El lagarto y la lagarta
con delantalitos blancos.

Han perdido sin querer
su anillo de desposados.

Ay, su anillito de plomo.
Ay, su anillito plomado.

Un cielo grande y sin gente
monta en su globo a los pájaros.

El sol, capitan redondo,
lleva un chaleco de raso.

¡Miradlos, qué viejos son!
¡Qué viejos son los lagartos!

¡Ay como lloran y lloran!
¡Ay, ay como están llorando!
Federico García Lorca