Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta Atención. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Atención. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de noviembre de 2016

MESA DA PAZ DOS CANIMONSTERS

Aquí tendes a nosa mesa da paz. Xa cambíuo dende que comezamos o curso. A ver como acaba, posto que os Canimonsters van traendo cousas para completala. O xardín zen é cortesía dunha alumna coa colaboración de outra que trouxo a area...

domingo, 25 de septiembre de 2016

ASÍ TRABALLAMOS NO RECUNCHO DE PAULA

Benvidas, familias de Canicouva.
Unha vez presentado o curso e logo de ter unha chea de dúbidas sobre o xeito de traballar na nosa clase vos poño uns enlaces onde podedes afondar un pouco máis nestas cuestións.
Pero, se vos apetece unha información máis persoal non dubidedes en contactar comigo. Estarei encantada de contarvos todo o que poida sobre estes temas.
Que teñades un feliz día!

miércoles, 27 de abril de 2016

MEDITACIÓN E APRENDIZAXE

Porque un documental de Redes vale máis que mil explicacións miñas.

E agora vos presentamos o noso Recuncho para meditar.
Encántanos!

martes, 26 de abril de 2016

AROMATERAPIA

· Na nosa aula introducimos nestes días a Aromaterapia. Empregamos aceites esenciais de Lavanda (efecto calmante) e Menta (focaliza e centra a atención). diluídos en auga. Hai moita información sobre a dose, pero na aula, non a empregaremos como terapeutas. 
     Recibimos ao alumnado cunha canción e mentres bailan rociamos as súas cabezas con menta. A lavanda a introducimos cando algúen está nervioso/a e cre que a precisa e, en ocasións, nalgunhas relaxacións. 
Tamén serve como remedio contra as plagas de piollos vaporizando con lavanda as cabezas dos peques cando chegan á clase. Para máis información sobre este aspecto preme aq.
      Independiente ou non de que funcione, COMO ARRECENDE A NOSA CLASE, a que si?
Para saber máis sobre este tema recoméndovos a páxina web de Yaiyoga onde o explican moito mellor ca min.

domingo, 8 de noviembre de 2015

RELAXÁMONOS COLOREANDO

En colaboración co departamento de orientación, comezamos cos MURAIS DE RELAXARNOS. Temos catro zonas na clase. En certos momentos de cansanzo poden ir, previo permiso, a colorear un pouco. A idea é pintar unha zona pequena do debuxo e volver a traballar. Como vin que lles gustou moito, os calman e que alguén me pedíu levar unha para casa, decidín facer copia para todos.
O que terán que facer (se queren, posto que non é tarefa extraescolar, nin moito menos) é pegala a certa altura, non queremos que a fagan sentados, para que a distingan da típica ficha de colorear. Poden colorear en descanso de deberes, en momentos de aburrimento, ou en pausas de tele. Cando vos vexades ou cando eles decidan. As instrucións de como colorear xa as saben.
Cando rematen poden traela ao cole para amosarllas aos compis.


jueves, 5 de noviembre de 2015

OBRADOIRO DE ATENCIÓN

A partir da semana próxima introduciremos un obradoiro de atención en dúas sesións semanais (media sesión de cada vez). Alternaremos xogos de mesa, fichas, xogos manipulativos e de ordenador.
Como cada aprendizaxe escolar pode ampliarse na casa, así que se queredes colaborar a que os vosos peques melloren este aspecto, aquí tendes un repositorio de actividades recollidos do blog: Milagro TIC.

MOVEMENTOS QUE ACTIVAN A MENTE: MIND MOVES

Grazas a colaboración de Cristina, a orientadora deste centro, empregamos na nosa aula os movementos que activan a mente. Os introducimos antes dunha explicación importante ou dun traballo que necesite da posta en acción de varios sentidos. Nestes casos empregamos, polo momento, estes:
  • Axustando antenas
  • Batalla de dedos
Os nenos e nenas que durante a xornada necesitan moverse para volver a manter a atención realizan o seguinte:
  • En marcha
Podedes pedirlles que volos ensinen en casa, posto que xa case son uns expertos.
Pouco a pouco iremos introducindo outros novos.

Se queredes saber algo máis sobre este método premede aquí.
Os Minds Moves na escola poden traballarse do seguinte xeito. Accede.


TRANQUILOS E ATENTOS COMO UNHA RA!

Como ven sabedes introducimos a meditación na aula de 1ºA. Todos os días, á volta do patio e logo da lectura diaria, empregamos 5 minutos para meditar. Deste xeito conseguimos estar TRANQUILOS E ATENTOS COMO UNHA RA.
A meditación que empregamos está incluída no libro CD de Eline Snel. Por agora facemos a meditación denominda "La ranita" e pouco a pouco iremos introducindo outras novas. A próxima será o EXERCICIO DO SPAGUETTI.

Fago esta entrada porque sei que vos falan dela e intentana facer na casa. Así que se vos animades a afundizar no tema do Mindfulness infantil recoméndovos este libro.

martes, 13 de octubre de 2015

MANTRA DO SILENCIO

Que é un mantra? Preme aquí.
Grazas a nosa orientadora Cristina introducimos na nosa aula este método para axudar a recuperar o nivel de atención e facilitar o traballo nun ambiente tranquilo e de cooperación. Cando algún neno/a non poida concentrarse porque lle moleste o ruído da aula comezará a cantar o mantra, ao que pouco a pouco iremos uníndoos o resto para conseguir que se volva a instaurar a calma na nosa aula.
Este traballo, típico de meditación, precisa de adestramento, para iso pedimos a colaboración das familias para introducilo tamén na casa cando notemos que non estamos tranquilos.
Animádevos!
Aquí vos deixo a letra do mantra xunto cun audio onde salen os nenos/as cantándoo. Podedes empregalo para aprendelo.
RA MA DA SA, SA SE SO-OM
 

domingo, 4 de octubre de 2015

DESCANSOS ACTIVOS: O PROFE DO DÍA

Cada xornada un é o encargado de facer que o alumnado se mova, se active, para poder seguir máis relaxados coas tarefas máis académicas. Fai movementos e os demais o imitan, pero está prohibido facer ruído. Esta idea é unha das bases da aprendizaxe activa.
Así que na casa, cando vexades que os deberes se lles fan moi tediosos probade a movelos e xa veredes como logo a súa atención mellora.