Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de septiembre de 2017

CLUB DE LECTURA

Este curso queremos poñer en marcha un Club de Lectura no CEIP Canicouva. A experiencia comezaría co noso curso, 4º de educación primaira. Logo dun 3º cheo de lecturas os Canimonsters esterían preparados e preparadas para embarcarse nesta nova aventura.


Pero, ... que é un club de lectura?


Un club de lectura, tal e como nos explica Blanca Calvo: "é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas desde o encontro anterior.
Nas reunións se debate sobre o que se leu en casa: o estilo literario, a acción mesma, os personaxes... e é bastante frecuente derivar desde o libro ás experiencias persoais dos membros do club".


Nós, debido a curta idade dos nosos lectores o imos a adaptar. Leran un libro ao mes e reunirémonos  unha vez rematado. As reunións serán mensuais, un martes pola tarde. Polo que podemos comprobar trátase dunha ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR E TOTALMENTE VOLUNTARIO PARA O NOSO ALUMNADO.

Os libros que lerán serán propostos polas encargadas do club de lectura (eu mesma e a coordinadora de biblioteca do noso cole). Estes libros emprestaránse aos membros do club. As familias non teñen que mercalos. 

Así que xa sabedes animádevos a participar. Zarpamos en xaneiro!!!

Aquí vos deixo os exemplos de clubs de lectura que nos van a servir de guía e apoio para a nosa aventura. Un millón de grazas!
  • Club de lectura Bibliobrey. CEIP Bouza Brey de Ponteareas
  • Club de lectura Trasnadas lectoras. Da biblioteca pública Juan Campañel de Vigo.

miércoles, 30 de noviembre de 2016

viernes, 21 de octubre de 2016

BENVID@S AO REINO DE FANTASÍA!


No Recuncho de Paula levamos loitando contra a Nada dende o 2013 e, como sorpresa para todos aqueles que contribuíchedes a que Fantasía siga existindo, quero anunciarvos que a finais de ano teremos unha gran sorpresa...
1ª promoción: Alumnos/as de 3ºB do CEP Celso Emilio Ferreiro de Vigo. Curso 2013/2014
2ª promoción: Alumnos/as de 6º do CEIP Da Cruz de Nigrán. Curso 2014/2015
3ª promoción: Alumnos/as de 1ºA do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo. Curso 2015/2016 
4ª promoción: Alumnos/as de 3º do CEIP Canicouva de Vigo. Curso 2016/2017
 Agora, xa sabedes que pedirlle aos Reis Magos, jejeje. Volve a peli aos cines e aos DVD!!!!

sábado, 2 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar outro soado aniversario. Ás innumerables festividades que se celebran este ano, súmase o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, o pai de historias infantís tan sorprendentes como O parrulo feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador, e de moitos outros contos que veñen acompañando a infancia a moitos nenos e nenas en distintas xeracións.

sábado, 25 de abril de 2015

AINHOA E ANDREA TEÑEN UN CORAZÓN DE TINTA!!!!!

Agora, só queda que sigades amosando durante moitos anos máis ese don; contando e escribindo historias.
Estou moi orgullosa de vós! De todos vós!

DERREDEIROS GALARDONADOS DE FANTASÍA

Parabéns a todos e a todas por ter colaborado a que o Reino de Fantasía non desapareza.
Especial felicitación a Jenni, Lara, Raúl e Yeray por ter conseguido o prezado e valiosísimo Áuryn.
Nunca deixedes de ler ...




jueves, 23 de abril de 2015

DERRADEIROS PICOS DE OURO

Parabéns, espero que sigades amosando os vosos poderes durante moitos anos.
Andrea leunos o conto de Orellas de bolboreta.


DERRADEIROS GALARDONADOS DE FANTASÍA

Foi un pracer participar das vosas aventuras.



viernes, 17 de abril de 2015

OS PICOS DE OURO ESTÁN IMPARABLES

Ainhoa amosou os seus poderes máxicos lendonos "Willy, el mago" de Anthony Browne. E ...


... maxia.
Andrea e Paula, léronnos "As manoplas de Carapuchiña" de Inés Almagro e Mikel Mardones.


Ainhoa e Andrea contáranos "¡Eu non fun!" de  Christian Voltz.




David, Paula e Ainhoa ensináronnos "A cousa que máis doe do mundo" de Paco Oliván e Roger Olmos.


GALARDONADOS DE FANTASÍA DESTA SEMANA

Parabéns meus Bastiáns, estou moi orgullosa de vós!!!!!

lunes, 6 de abril de 2015

A HISTORIA CONTINÚA...

Logo de rematar o libro de Michel Ende e de ver a segunda parte da película, que non nos deixou indiferente, tivemos a sorte de poder xogar ao LIM da Historia interminable creado para nós por Andrea.
A que estivo xenial?





OS NOVOS PICOS DE OURO AMOSAN OS SEUS PODERES

Paula, David e Andrea léronos o conto de Barba Azul, inmerso no libro "Cuentos silenciosos" de Benjamin Lacombe.


E que pasará?

jueves, 26 de marzo de 2015

JUGAMOS CON LA HISTORIA INTERMINABLE DE MICHAEL ENDE

¿Quién se atreve a demostrar sus conocimientos sobre el Reino de Fantasía?
Aquí tenemos este LIM (Libro interactivo multimedia) elaborado por Andrea.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/148898518/LA%20HISTORIA%20INTERMINABLE/la_historia_interminable.html

REMATAMOS A HISTORIA INTERMINABLE!

Logo de meses de lectura conxunta na clase demos por rematado esta aventura. Non vos da pena?
Eu botarei de menos a Bastián, Atreyu e a Fújur...
Agora toca reflexionar sobre o acontecido:
  • Gustariame que deixarades un comentario do que vos pareceu o libro, que expresedes a vosa opinión e así aconsellar, ou non, a outros nenos a súa lectura.
  • Non tendes curiosidade por saber algo máis do seu autor? Aquí vos deixo a súa biografía.
  • Como non todo foi o libro, sabemos que as películas non nos deixaron indiferentes, vos deixo aquí uns enlaces sobre elas. 12 , 3
  • Por suposto a súa banda sonora. Neverending story de Limahl, ano 1984.

  • Sabedes que lle pareceu a Ende a película?
  • Mucho se ha hablado también del enfado de Michael Ende con los responsables de la adaptación de su novela . "Les deseo que les agarre la peste. Si estuviera en mis manos, hundiría esa película en el Vesubio", llegó a decir, según cuenta Matellano en su libro. Para Ende, que se embolsó 300.000 marcos por los derechos (unos 150.000 euros al cambio actual), aquella cinta no era más que "un gigantesco melodrama comercial a base de cursilería, peluche y plástico". El escritor se negó a aparecer en los créditos, aunque curiosamente sí lo hizo en la segunda parte que se estrenó en 1990.
Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2317818/0/30-anos/llegada-historia-interminable/cines-espanoles/#xtor=AD-15&xts=467263  

  • Vós que líchedes o libro... por que credes que Ende pensará isto? Contestade en comentarios
Mucho se ha hablado también del enfado de Michael Ende con los responsables de la adaptación de su novela . "Les deseo que les agarre la peste. Si estuviera en mis manos, hundiría esa película en el Vesubio", llegó a decir, según cuenta Matellano en su libro. Para Ende, que se embolsó 300.000 marcos por los derechos (unos 150.000 euros al cambio actual), aquella cinta no era más que "un gigantesco melodrama comercial a base de cursilería, peluche y plástico". El escritor se negó a aparecer en los créditos, aunque curiosamente sí lo hizo en la segunda parte que se estrenó en 1990. Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2317818/0/30-anos/llegada-historia-interminable/cines-espanoles/#xtor=AD-15&xts=467263

AINHOA SALVOU FANTASÍA!

Parabéns peques, grazas por contribuír a que Fantasía estea a salvo.
Pero quero felicitar especialmente a Ainhoa por ter conseguido o prezado Áuryn. A Emperatriz estará moi orgullosa de ti.


DAVID CONSEGUÍU SALVAR FANTASÍA

Parabéns a estes galardoados de Fantasía, pero en especial a David, por ter acadado o prezado Áuryn.
Estou moi orgullosa de vós!

ANDREA TEN UN PICO DE OURO

Non sei como o fai, pero cada vez que nos le un conto en voz alta pasan cousas marabillosas.
Leunos o álbum de Kalandraka, Onde viven os monstros de Maurice Sendak, e...


Isto aparecei no teito da nosa clase.

viernes, 20 de marzo de 2015

GALARDOADO E GALARDOADA DE FANTASÍA

Parabéns, xa queda menos para a super sorpresa!!

PRIMEIRAS PICOS DE OURO

Logo de salvar Fantasía Paula e Andrea amósannos os seus poderes máxicos como Picos de ouro.
Léronnos o Álbum de Kalandraka "Imos cazar un oso" de Michael Rosen e Helen Oxenbury e...



...como por arte de maxia apareceu este oso na nosa clase!!!