Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 27 de septiembre de 2017

CLUB DE LECTURA

Este curso queremos poñer en marcha un Club de Lectura no CEIP Canicouva. A experiencia comezaría co noso curso, 4º de educación primaira. Logo dun 3º cheo de lecturas os Canimonsters esterían preparados e preparadas para embarcarse nesta nova aventura.


Pero, ... que é un club de lectura?


Un club de lectura, tal e como nos explica Blanca Calvo: "é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas desde o encontro anterior.
Nas reunións se debate sobre o que se leu en casa: o estilo literario, a acción mesma, os personaxes... e é bastante frecuente derivar desde o libro ás experiencias persoais dos membros do club".


Nós, debido a curta idade dos nosos lectores o imos a adaptar. Leran un libro ao mes e reunirémonos  unha vez rematado. As reunións serán mensuais, un martes pola tarde. Polo que podemos comprobar trátase dunha ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR E TOTALMENTE VOLUNTARIO PARA O NOSO ALUMNADO.

Os libros que lerán serán propostos polas encargadas do club de lectura (eu mesma e a coordinadora de biblioteca do noso cole). Estes libros emprestaránse aos membros do club. As familias non teñen que mercalos. 

Así que xa sabedes animádevos a participar. Zarpamos en xaneiro!!!

Aquí vos deixo os exemplos de clubs de lectura que nos van a servir de guía e apoio para a nosa aventura. Un millón de grazas!
  • Club de lectura Bibliobrey. CEIP Bouza Brey de Ponteareas
  • Club de lectura Trasnadas lectoras. Da biblioteca pública Juan Campañel de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario