Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA 3º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA 3º. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Ricardo Carvalho Calero.
Queres saber algo máis del?
Aquí tes un sinxelo xogo: preme para acceder.
Xa sei, o xogo anterior está chupado... Atréveste con outro máis difícil? Pois aquí o tes.

Se o que te gusta é a música... Aquí tes un PREGUNTOIRO MUSICAL.
Pero se o que te gusta é a Primavera e as Letras... Esta é a túa páxina... 

OS MAIOS


Xa chegou a Primavera, e con ela OS MAIOS a Galicia, e como non ao noso cole!!!
Pero que é un MAIO? Preme na imaxe para saber un pouco máis da cultura galega.

Hai moitos xeitos de celebralo, pero en todos os sitios os protagonistas son eses grandiosos Maios.
En Vigo celébrase no Casco Vello cunha bonita representación onde se pode ver como a Primavera e o Maio vencen ao cru Inverno.

Preme na foto para aprender algo máis sobre os Maios de Vigo.
Ao final da páxina podes ver un vídeo con parte da representación do ano pasado.
Outra cousa que seguro que vos gusta é a DANZA DAS CINTAS, que aparece ao final do vídeo que atoparedes ao final desta páxina.

Algo que tamén se fai nos Maios é cantar coplas. Mirade que ben o fixeron fai varios anos estes peques... O curso próximo tocaravos tamén a vós...

Nós tamén imos crear o noso, aínda que sexa en CONFINAMENTO.


Para elo terás que seguir atento e atentan as seguintes instrucións que aparecen na aula virtual.
Eu farei tamén o meu!

miércoles, 6 de mayo de 2020

EN TEMPOS DE CORONAVIRUS. MONSTROS 3.4.

Aquí vos deixo unhas reflexións de como nenos e nenas de 8-10 anos están a vivir o confinamento.
Estou moi orgullosa de vós.

Artigo sobre coronavirus- Adrián

En decembro de 2019 en wuhan apareceu un novo virus, que ata agora non se coñecía. Pode afectar a todas as persoas, pero hai máis posibilidades de que enfermen os maiores de 60 anos ou máis anos. Este virus chámase coronavirus de wuhan, e a doenza que produce chámase covid-19, que pode ser leve ou grave como a pneumonía. En España confirmouse o primeiro caso o 31 de xaneiro do 2020 na illa de la Gomera.
Ante a rápida expansión do virus, durante o mes de marzo os gobernos autonómicos comezaron a tomar medidas extraordinarias, ata que o 14 de marzo, o goberno español decretou o Estado de Alarma. O Estado de Alarma é un estado de excepción, cando hai grave risco de catástrofe, crise sanitaria ou desabastecemento de produtos de primeira necesidade, e para iso poderase limitar a circulación e permanencia de persoas ou vehículos en horas e lugares determinados, requisas de bens, intervir e ocupar industrias, fábricas e talleres; poderase limitar ou racionar o consumo de artigos de primeira necesidade.
Eu estou ben, estou un pouco aburrido pero fun á finca. Pola mañá fago os deberes e despois xogo coa miña gata. Estivemos alí tres días e despois marchamos. O confinamento pasa moi lento. Fun á casa do meu pai. Alí sempre lemos unha hora.

Esta é a miña lista: primeiro fago os deberes, despois xogo un rato e dou un paseo. Non! É broma. Non podo saír da casa, vexo a tele e se salgo da casa a multa é de 600€.

viernes, 27 de marzo de 2020

O XOGO DE DON RICARDO CARVALHO CALERO


FELIZ DÍA DO TEATRO

Dende Aulas Galegas e Portal das palabras propóñennos as seguinte actividades.

lunes, 16 de marzo de 2020

DÍGOCHO EU

Aquí tedes o enlace a web da RTV de Galicia programa de Carlos F. Amado onde a súa presentadora Esther Estévez, axúdanos dun xeito divertido a corrixir o noso galego e a aprender palabras novas.
Faille caso, #DígochoEu.

martes, 16 de mayo de 2017

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

Con moito agarimo presentamos as nosa lendas galegas.
Espero que gocedes con elas, tanto coma nós representándoas.

viernes, 25 de noviembre de 2016

EU TEÑO ALGUÉN de María Fumaça

Aquí tendes unha canción en galego acompañada en lingua de signos: "Eu teño alguén” de María Fumaça que podedes atopar no seu último álbum: “Xiqui, xoque Fiú, fiú”, publicado pola editorial Galaxia, na súa colección sonárbore.
Seremos capaces de aprendela?

jueves, 10 de noviembre de 2016

MEDALLA - FÚJUR

Un bo día no colexio. Decidimos ir de excursión ao monte Fujur. Na excursión vimos un montón de cousas. No autobús eu vin un vento moi forte e conteino pero, ninguén me creeu. Pedín que o autobús parase. Ao saír xa todos me creron porque vimos a un dragón branco da sorte. Fixémonos amigos e fomos aos xogos olímpicos. Na proba da botella: Joel; en baloncesto: Antón: en fútbol: Oli; en intelixencia: eu (Xoel). Ao final gañamos unha medalla de ouro.
                                                                                   

miércoles, 5 de octubre de 2016

viernes, 23 de octubre de 2015

NÓTASE, SÉNTESE, O SAMAÍN ESTÁ PRESENTE

Deixovos un repositorio de recursos para que poidades traballar na casa en compañía das familias.
Espero que pasedes moito medooooooo.
Preme na pantasma para acceder.

jueves, 19 de junio de 2014

COÑECEMOS AOS NOSOS CURMÁNS!

Logo dun curso carteándonos e escribíndonos historias cos nosos benqueridos compañeiros do CEIP. Vicente Risco, por fin tocou que nos coñecermanos.
Nada mellor cunha xornada de xogos na praia e de postre un xeado.
Quero agradecer, en especial a María do Vicente Risco, por que sen ela isto non sería o mesmo, e a Fanny e a Deli por acompañarnos nesta saída.
Aquí tendes os marcapáxinas que con tanta agarimo lles mandáchedes na derradeira carta.



 

miércoles, 21 de mayo de 2014

IMOS CAZAR UN OSO

Velaí tendes o noso contocontos Imos cazar un oso.
Estou moi orgullosa de vós, porque todos díchedes o mellor que tendes para facernos pasar un rato moi divertido.
Parabén cazadores!
Ao final aparecen tamén algúns rapeiros bailando ao son de Celso Emilio Ferreiro, a ver se os recoñecedes?

viernes, 16 de mayo de 2014

POR QUE FALAMOS GALEGO?

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!

jueves, 15 de mayo de 2014

OS NOSOS MAIOS

Continuando con esta tradición galega, aquí vos deixo unha pequena reportaxe fotográfica.
Quero agradecer a Marga, a mamá de Xoel, as fotos que nos fixo chegar para poder engadilas aquí.
A gozar delas, faladeiros!!!!!

miércoles, 14 de mayo de 2014

lunes, 12 de mayo de 2014

OS MAIOS

Para aprender un pouco máis aquí vos deixo os video que miramos na clase.
O primeiro é dos Maios do Casco Vello de Vigo e o segundo o de Redondela. No de Vigo miramos a batalla entre o Inverno e o Maio e no de Redondela o que máis nos interesa, para o traballo de clase, son as coplas.
Gozade desta tradición.
E fóra Inverno!!!!!
Recoñeces a alguén?