Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 6 de mayo de 2020

EN TEMPOS DE CORONAVIRUS. MONSTROS 3.4.

Aquí vos deixo unhas reflexións de como nenos e nenas de 8-10 anos están a vivir o confinamento.
Estou moi orgullosa de vós.

Artigo sobre coronavirus- Adrián

En decembro de 2019 en wuhan apareceu un novo virus, que ata agora non se coñecía. Pode afectar a todas as persoas, pero hai máis posibilidades de que enfermen os maiores de 60 anos ou máis anos. Este virus chámase coronavirus de wuhan, e a doenza que produce chámase covid-19, que pode ser leve ou grave como a pneumonía. En España confirmouse o primeiro caso o 31 de xaneiro do 2020 na illa de la Gomera.
Ante a rápida expansión do virus, durante o mes de marzo os gobernos autonómicos comezaron a tomar medidas extraordinarias, ata que o 14 de marzo, o goberno español decretou o Estado de Alarma. O Estado de Alarma é un estado de excepción, cando hai grave risco de catástrofe, crise sanitaria ou desabastecemento de produtos de primeira necesidade, e para iso poderase limitar a circulación e permanencia de persoas ou vehículos en horas e lugares determinados, requisas de bens, intervir e ocupar industrias, fábricas e talleres; poderase limitar ou racionar o consumo de artigos de primeira necesidade.
Eu estou ben, estou un pouco aburrido pero fun á finca. Pola mañá fago os deberes e despois xogo coa miña gata. Estivemos alí tres días e despois marchamos. O confinamento pasa moi lento. Fun á casa do meu pai. Alí sempre lemos unha hora.

Esta é a miña lista: primeiro fago os deberes, despois xogo un rato e dou un paseo. Non! É broma. Non podo saír da casa, vexo a tele e se salgo da casa a multa é de 600€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario