Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta Excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursións. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de marzo de 2016

SAÍDA AOS VIVEIROS ADOA

O pasado martes tivemos a sorte de ir visitar as instalacións de Viveiros Adoa. Alí ensináronnos moitas cousas do mundo das plantas.
Tamén puidemos plantar unha árbore, unha Faia, á que lle puxemos de nome CUQUI. Esta árbore estará un ano ao coidado do persoal do viveiro, iso si, poderémola ir visitar sempre que queiramos. Temos que deixar que pase un ano para que enraíce e poder plantala no cole ou no monte, xa se verá.
Como agasallo entregaron unha Viola para cada neno/a. É unha planta de tempada, polo que a súa vida será curta. O que si sería moi positivo e que os peques recolleran a semente que vai deixar a flor, para poder plantar unha nova Viola, e así completar a reprodución desta planta.
Para clase déronnos un Cyclamen que coidaremos con moito mimo.
Aquí tendes o álbum da saída, pero como adianto, vos presentamos a Cuqui.

viernes, 11 de diciembre de 2015

SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS

Hoxe tivemos a sorte de visitar o Parque de Bombeiros en Teis. Alí ensináronnos moitas cousas do seu traballo. Agora toca que vos expliquen ás familias o que é o que aparece nas fotografías. Xa lles dixemos que tiñan que estar moi atentos, que lles fariamos un exame, jejeje. O que non lles dixemos é quen llo faría. Así que a ver que vos contan.
Para acceder a carpeta oculta na rede preme aquí. Pinchade nas que vos interesen para descargala.

jueves, 26 de noviembre de 2015

ALMORZOS SAUDABLES

O pasado mércores tivemos a sorte de gozar dun fantástico almorzo saudable a cargo dos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego Vigo capacita. Non só degustamos os produtaos elaborados por eles, senón que tamén ensináronnos a facer figuras con froitas e galletas. Logo deste gran xantar puidemos xogar e bailar cos alumnos/as do curso.
Graciñas a todos pola invitación!
Agora xa sabedes peques, a prepararlles ás familias este fin de semana un almorzo saudable. Aquí vos deixo a lista de alimentos que debedes incluir, jejejeje.
Peques a cociñar!

Se queres ver as fotos preme aquí.
Pido disculpas porque sen darme conta subín unhas fotos de aula, que nada tiñan que ver coa saída, era un momento de ralaxación da aula. De novo sinto a confusión. Xa están eliminadas.

martes, 17 de marzo de 2015

TEATRO A INVENCIÓN

O pasado mércores acudimos ao Teatro de García Barbón de Vigo, para asistir ao espectáculo musical A Invención ao cargo de grupo Odaiko.
As fotos non son moi boas, pero a actuación si que o foi. A que si?

viernes, 16 de enero de 2015

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º, tivemos a sorte de ir a representación de "Memorias dun neno labrego", unha peza ideada e interpretada por Cándido Pazó, que rinde homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas.

miércoles, 11 de junio de 2014

SAÍDA DIDÁCTICA DO PASADO 5 DE XUÑO

Para rematar un curso cargado de historias e contos nada mellor que visitar unha das bibliotecas públicas da nosa cidade. Aproveitando que estabamos no barrio do Calvario fomos visitar o Mercado, e foi estupendísimoooooooooo!
E para proba, unhas fotos.

jueves, 11 de abril de 2013

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS E PASEO POLO CASCO VELLO

O pasado venres día 5 de abril, fomos a visitar o centro arriba citado. A verdade é que nos gustou un montón, as monitoras eran estupendas e fixéronnos sentir por momentos, piratas, pescadores, fareiros e reis. Descubrimos a variedade biolóxica que podemos atopar nestas illa, e aprendimos a respectala.
Unha vez rematada a visita a este centro, aproveitando que está situado no Casco Vello de Vigo, fixemos unha pequena ruta turística para coñecer os edificios e rúas máis emblemáticas desta cidade. Para elo tiñamos elaborado un folleto que nos servíu para localizar e aprender a historia deste emblemático lugar.

sábado, 10 de noviembre de 2012

NATURNOVA

Que ben o pasamos, eh!