Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta COÑECEMENTO DO MEDIO 4º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COÑECEMENTO DO MEDIO 4º. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de mayo de 2013

O TEMPO PARA MAÑÁ

Polo Norte de Lugo e polo Leste estará anubrado, o centro terá nubes e claros, e polo sur estará despexado, o vento será norleste e suroeste e será frouxo.
Polo Norleste de Pontevedra esta todo despexado, no sur e norte despexado, vai vir unha feble brisa
polo Norleste.
En Ourense haberá ceos despexados o vento virá do noroeste e será feble.
Na Coruña vai facer anubrado e aire do este.
Teremos 9º de tenperatura mínima e 21º aproximado de máxima.
Meteorólogos do grupo 3.
Alba, Miguel, Ariadna, Isabel e Yago.

O TEMPO HOXE

En Pontevedra ceos despexados e pola costa ventos fortes do norte.
Polo norte da costa da Coruña haberá nubes e pola outra parte tamén pero menos,vento do norleste moderado e forte.
Na provincia de Lugo fai nubes e claros, o vento vai cara oa norte e ademais polo norte vai chover.
Na provincia de Pontevedra haberá moito sol e polo norte haberá unhas nubes.
A temperatura de hoxe é a mínima once e a máxima vinte tres.
Meteorólogos de grupo 2.
Iván, Aitana, Sheila, Andrés e Noemi.

miércoles, 22 de mayo de 2013

OS HOMES E MULLERES DO TEMPO DE 4ºB

A partir de hoxe podedes acceder a este blogue para ver o tempo en Galicia.
Cada día un grupo encargarase de informarnos de como vai a estar a atmosfera na nosa Comunidade, grazas a información facilitada por meteogalicia.es
Deixovos as primeiras imaxes do grupo un.




lunes, 13 de mayo de 2013

A ESTACIÓN METEOROLÓXICA DE 4ºB

Xa que andamos a voltas co estudo do clima de Galicia nada mellor que estudar antes o clima do noso cole, non credes? Para elo cada grupo encárgouse de elaborar un dos instrumentos dos que se compón toda estación meteorolóxica que se prece. Xa sabemos que os nosos materiais non son a proba de ventiscas e de choiva en grandes cantidades, pero o importante é participar, verdade? Ademais xa contamos no cole cunha auténtica, que aguanta calquera inclemencia do tempo. A nosa con que dure unha semana dámonos por satisfeitos.

jueves, 2 de mayo de 2013

CONSTRUIMOS UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Xa que andamos a voltas coa horta imos aproveitar o que aprendemos en coñe para levalo a vida real. Para iso imos crear e instalar unha estación meteorolóxica na nosa horta. Cada grupo será o encargado de crear un dos aparatos básicos dunha estación metorolóxica.
O grupo 1 será o encargado de fabricar un termómetro.
O grupo 2 fabricará un catavento.
O grupo 3 un anemómetro.
O grupo 4 un pluviómetro.
E o grupo 5 un barómetro.
Dende a páxina ciese.org propóñennos todo o necesario para levar a cabo esta actividade. Preme aquí para acceder.

O TELÉFONO

Traballo realizado por Ainara, xa poredes nos comentarios o que vos parece.

miércoles, 24 de abril de 2013

OS GRANDES INVENTOS DA HUMANIDADE

Novamente Diego agasállanos con outro estupendo traballo para mellorar a nosa competencia en coñecemento e interacción co mundo físico. Aquí a temos.

martes, 26 de marzo de 2013

LUZ E SON

Queres aprender mellor que é iso da luz? Preme aquí e viaxa por unha feria proposta dende a Junta de Andalucía (pequemuseo).
Dende Wikisaber propóñennos a seguinte actividade para comprender a refración da luz. Preme aquí e a traballar.
E para rematar o tema voltamos a mesma páxina cá o principio (pequemuseo) para descubrir que é iso do son. Preme aquí.
E se queres aprender máis con pequemuseo na imaxe tendes o enlace.
Bo traballo!

jueves, 21 de marzo de 2013

24 horas en o Courel

Dende o Proxecto Terra fixeron este video que tanto vos gustou na clase de Coñe.
Velaí vai.

24 horas na Coruña

PT24H 4Lug 04PzaPontevedra from Proxectoterra on Vimeo.