Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

martes, 10 de noviembre de 2015

CASTAÑAS AO CHOCOLATE

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos as titorías a seguinte actividade: FESTIVAL DA CASTAÑA!
Para elo aportánnos aos titores unha plantilla para traballar a receita ou receitas que elixamos na aula. O alumnado terá que copiala e entendela para poder facer, de XEITO VOLUNTARIO, nas casas. Este traballo non terá ningunha repercusión na hora da avaliación.
Atendendo ao curso que nos ocupa decidín proporlle aos nenos e nenas unha receita moi sinxela e que eles poidan copiar, entender e realizar logo na casa. Levaron para casa a nota que se nos facilitou dende o mencionado equipo.

Adxunto a receita para aqueles que nos costa máis escribir, para que iso non supoña un problema a hora de cociñar este rico postre.
* Ao cole traerán só un puñado, o resto é para que vos deleitedes na casa.
* Esta receita está algo máis ampliada que a que lle pedín copiar aos vosos peques.

CASTAÑAS AO CHOCOLATE

INGREDIENTES:
  • 500 gr de castañas
  • Sal
  • Auga
  • Herbas aromáticas: nébeda, fiúncho, vainilla e herba luísa. Elexide a que queirades, ou facede unha mistura de todas.
  • Chocolate para fundir
ELABORACIÓN:
  1. Quitarlle a casca externa ás castañas.
  2. Cocelas durante 10 minutos coa sal e coas aromáticas elixidas.  Temos que notalas tenras, senón deixalas máis tempo.
  3. Escorrelas e deixar que arrefríen para sacarlle a pel interna.
  4. Colocalas nunha fonte ou bandexa.
  5. Fundir chocolate, darlle un baño con el ás castañas e metelas na neveira. Neste paso pódense engadir algúns adornos ao chocolate (virutas, doces, ...).
  6. Cando xa estén frías faremos o paso máis importante ... COMELAS!!!!
BO PROVEITO!
 
NÉBEDA
HERBA LUÍSA
FIÚNCHO
VAINILLA   

No hay comentarios:

Publicar un comentario