Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 5 de diciembre de 2013

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Dende a nosa aula, e dentro do noso pequeno proxecto de Personaxes históricos, quixemos facerlle unha pequena homenaxe a noso benquerido Celso Emilio Ferreiro.
Primeiro estudamos a súa vida grazas a liña do tempo e unha montaxe fotográfica feita, co gallo do centenario de seu nacemento, polo equipo de Dinamización da lingua galega do noso cole.
Tamén rapeamos o poema "Deitado frente ao mar" grazas ao grupo Dios ke te crew.

Despois de investigar un pouquiño, entre todos os grupos elaboramos a seguinte biografía de Celso Emilio, onde se recolle o que máis nos chamou a atención.

­­CELSO EMILIO FERREIRO
Naceu en Celanova no ano 1912. Fillo de Venancio e Obdulia. Estuda no colexio Padres Escolapios.
No ano 1935 escribe o seu primeiro libro: “Cartafol de poesía”.
No ano 1936 estivo encadeado tres días por falar nunha tasca mal do goberno. O gobernador ordena matalo, pero a súa familia consegue salvalo. Mentres está na cadea escribe o poema “Longa noite de  pedra”.
No ano 1937 participa na Guerra Civil Española. Tras a guerra estuda maxisterio e dereito.
No ano 1943 casa con Moraima en Oviedo (Asturias).
En 1949 trasládanse a Vigo, onde escribe moitos libros.
Entre os anos 1966 e 1973 vive en Venezuela onde segue defendendo moito o galego: en revistas, libros, etc.
Volve a Madrid, pero segue publicando en galego.
En 1979 morreu na súa casa de Vigo, pero foi enterrado en Celanova.
No ano 1989 dedicáronlle o Día das Letras Galegas.

E para rematar con este grandísimo da nosa lingua deixamosvos un pequeno recitado do gran poema: "Deitado frente ao mar", incluído na obra: "Longa noite de pedra", publicada en 1962.

Estou moi orgullosa de vós. NORABOA PEQUES!!!!

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas.

1 comentario: