Pensando en aprender un pouco máis sobre a horta ecolóxica e, en concreto, sobre a súa fauna, fomos visitar a finca agroecolóxica Agrelo de Bueu. Alí dúas expertas na materia, Luz e Ale, déronnos unha clase maxistral sobre as características principais dunha horta ecolóxica. Para rematar a sesión construímos un hotel de bechos. Estivemos moi atentos xa que temos a intención de construír un no Celso.
Aproveitando que estabamos na vila de Bueu tamén fomos a visitar a Museo Massó ubicado nas instalacións da antiga fábrica de conservas do mesmo nome. Nela puidemos ver unha réplica do primeiro barco en dar a volta ao mundo, a Nao Victoria, capitaneada por Juan Sebastián Elcano. Miramos unha bitácora, varios compases, etc. Puidemos contemplar restos da maquinaria que empregaban na antiga fábrica conservera e para rematar visitamos unha das salas que máis nos gustou, a relacionada coa caza da balea azul.
Visitas
E como convidad@...
E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.
"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario