Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

viernes, 27 de febrero de 2015

HANSEL E GRETEL



Xunto un bosque moi grande vivía un leñador coa súa muller e cos seus dous fillos, o neno chamábase Hänsel e a nena Gretel. Tiñan moito para comer, xa que o pai podía gañarse o pan de cada día.                                                                                               
Unha noite estaba o leñador na cama sen poder durmir porque non sabía que facer con tanta cousa, cando finalmente díxolle a súa muller:
-Que imos a facer nós con tanto diñeiro.
-Ocorréseme unha cousa- respondeu ela.  
-Mañá de madruga levaremos aos nenos, encenderémoslles unha fogueira, e darémoslles unha barra de pan.
-Que idea tan boa! así poderemos repartir o diñeiro sen que se poñan ciumentos.                                                                         
Os dous irmáns que aínda estaban espertos oíron todo pero non lles importou porque de súpeto entroulles o sono.
A mañá seguinte os pais espertaron aos seus fillos e leváronos  ao medio do bosque, alí dixéronlles unha mentira e saíron correndo.                                                             
Como xa era de noite os nenos decidiron durmir sen importarlles nada. A mañá seguinte foron dar un paseo polo bosque e encontraron unha casa feita de doces e chocolate. Como non tiñan fame petaron na porta para ver se había alguén, abriu unha vella que parecía ser moi amable. Preguntoulles aos nenos se tiñan fame e eles moi enfadados dixéronlle que non, que querían volver á casa.      
A señora axudoulles a atopar a súa casa. Ao chegar os nenos dixéronlle que convertera aos seus pais en chocolate, xa que polo camiño descubriron que podía facer maxia. Así o fixo e viviron os tres alí felices para sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario