Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

martes, 24 de febrero de 2015

JACK E AS FABAS MAXÍCAS

Había unha vez un neno e a súa nai que tiñan tanto diñeiro que non sabían que facer con el. Tiñan: unha vaca, galiñas, un porco e moitos máis animais.
Un día a vaca non deu leite e a nai quixo desfacerse dela así que mandou ao seu fillo que a fose a vender. No pobo un señor deulle unhas fabas a cambio da vaca.
Cando chegou a casa díxolle a nai:
- Mira mamá un señor deume estas fabas a cambio da vaca.- E a nai díxolle:
- Ti estás tolo! Como se che ocorre cambiar unha vaca por unhas fabas?!- E tirounas ao xardín.
A mañá seguinte cando Jack se levantou, mirou pola fiestra e puido observar unha planta xigantesca e empezou a escalala. Cando chegou arriba mirou un edificio moi, moi raro, entrou e mirou un xigante que choraba e choraba. Jack un pouco asustado foi onda el e díxolle:
- Ola son Jack, por que choras?.- E o xigante díxolle:
- Ola eu son Rigoberto e choro porque non teño cartos, son pobre.
Jack quedou moi sorprendido de como era posible que unha persoa que vivía nun edificio tan grande fose pobre. Jack marchou a súa casa e colleu unha bolsa de ouro da súa nai, un espello con diamantes e un colar de perlas, deullo ao xigante e díxolle:
- Toma isto, é para ti, é moi caro, a si poderás comer e vestir.
O xigante moi agradecido deulle un forte abrazo a Jack e díxolle:
- Non lle digas a ninguén que estou aquí e cando chegues abaixo corta a planta e desaparecerei para sempre. Jack fíxolle caso. Cando chegou abaixo colleu unha machada de ouro macizo e cortou a planta. Nunca lle dixo nada a súa nai e a nai nunca preguntou nin sospeitou nada e, viviron felices e rodeados de cartos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario