Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 25 de febrero de 2015

O FEO ESPERTO



Nun reino cercano, un rei e una raíña tiveron un neno ó que chamaron Ocaso. Estaban moi tristes porque o neno era moi feo. Tan feo que só podían ver para el cando era de noite, á luz tenue dunhas velas.

De tódolos recunchos do reino viñeron coñecelo.
Unhas fadas que foran invitadas, ofendidas polo feo que era,  lanzáronlle un feitizo polo que ó cumprir os 15 anos se pincharía cun garfo e viviría eternamente feo. Pero entón apareceu una bruxa boa que conseguiu desfacer parcialmente o feitizo, polo que cando cumprira 15 anos o rapaz non viviría eternamente, senón que estaría sempre esperto, e este feitizo podería ser desfeito cando alguén lle dera dous sopapos de odio verdadeiro.

Para este fin a bruxa raptou ó rapaz, para críalo e protexelo, pero como se pinchaba sempre á hora de comer co garfo, o neno xa estivo sen durmir dende pequeno.

Para cando cumpriu os quince anos, a bruxa, farta de que se seguirá pinchando co garfo, arreoulle dous sopapos de odio verdadeiro e así se lle quitou a maldición…

No hay comentarios:

Publicar un comentario