Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

viernes, 6 de marzo de 2015

CINCENTA MODERNA

Había unha vez, fai poucos anos, vivía unha preciosa moza chamada Cincenta, ela era moi guapa e sempre vestía con vestidos azuis brillantes.

Cincenta vivía coa súa madrasta e as súas hermanastras que a trataban coma unha criada. A Cincenta non lle importaba moito porque non lle facía caso e a madrasta non se daba conta de que non limpaba.

Un bo día Cincenta recibíu un correo electrónico do príncipe Marcos que dicía:
                                   
"Estas convidada o gran baile que terá lugar hoxe as nove da noite unha afortunada bailara comigo espérote".

Cincenta aledouse moito da invitación. Ela sabía que a súa madrasta e as súas hermanastras non lle deixarían ir, así que esperou a que elas marchasen e púxose o seu mellor vestido e foi ao baile.

Alí ninguén a recoñeceu, púxose a bailar e o príncipe Marcos invitouna a bailar con el.  Aceptou e estiveron varias horas bailando pero, as doce da noite a madrasta e as hermanastras marcharon e Cincenta tivo que correr a casa para que non a descubriran; así que deixou o príncipe plantado no medio do baile.

O príncipe correu detrás dela e mirou un teléfono e-phone 5 no chan, colleuno e empezou a mirar fotos e nunha delas estaba Cincenta co seu marabilloso vestido.
O príncipe ordenou ir a casa de Cincenta. Unha vez alí devolveulle o teléfono a Cincenta e díxolle que si se quería casar con ela, Cincenta díxolle que estaría encantada pero, que prefería esperar uns anos a ver se atopaba a alguén mellor. O príncipe quedou bastante fastixiado e marchou.

 Cincenta cansada da madrasta e as hermanastras marchou a unha mansión no centro da cidade que tiña piscina climatizada, sauna e jacuzzi alí atopou o amor da súa vida e casouse con el despois de cinco anos.

   FIN




No hay comentarios:

Publicar un comentario