Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

viernes, 29 de enero de 2016

FELIZ DÍA DA PAZ

Comezamos a xornada reflexionando na asamblea sobre a orixe e a necesidade de celebrar esta data. Logo cada un foi aportando ideas de como se pode contribuír a que haxa paz no mundo. Para iso, nada mellor que cada neno do mundo se encargue de facela no seu cole.
A partir destas ideas fixemos un gran corazón da paz, cheos de bonitos compromisos: dar apertas quentiñas, bicos; manifestar alegría, compasión, xustiza, paciencia; prometemos sorrir, compartir, meditar, relaxarnos, ...
Pero, lembrade:
"A PAZ COMEZA CUN SORRISO"
Ghandi.

Logo do recreo o equipo de Biblioteca preparounos unha actividade para explicarnos que é iso que estamos a escoitar tanto ultimamente: "REFUXIADOS". Para elo botaron man do conto "La pequeña Carlota" publicado na páxina web de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados). Para ler o conto preme aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario