Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

martes, 21 de noviembre de 2017

APADRIÑANDO ÁRBORES

Rematando o tema das plantas, que mellor que ir a Castrelos a comprobar o aprendido!!
Unha vez alí cada equipo elexiu unha árbore para apadriñar, terán que ir visitala e comprobarán como as estacións afectan no seu aspecto.
Una vez elixida coa axuda de dúas apps: Arbolaap e Pl@ntNet tentamos descubrir de que árbore se trataba. Nada sinxelo para un grupo de inexpertos coma nós.

Como compromiso para este curso deberemos aprender moitos nomes das especies que conviven con nós neste impresionante parque.
Aceptades o reto?
Plátano de sombra
Liquidámbar
Sabina
Xinkgo (Ginkgo biloba)
Cerdeira xaponesa (Prunus)

Amieiro (Aliso)
Para rematar unha compañeira ensinounos a susurrar ás árbores. Aquí tendes aos Canimonsters susurrando a uns Pradarios (falsos plátanos)
Pradario (Falso plátano)

No hay comentarios:

Publicar un comentario