Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 20 de noviembre de 2019

DÍA DA INFANCIA NO VALLE-INCLÁN

Hoxe conmemoramos no noso cole o Día Internacional da Infancia. Para elo decidimos darlle voz a eles mesmos e que nos digan o mundo que queren construír. Xa que como dixo Eduardo Galeano:
MOITA XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS, PODE CAMBIAR O MUNDO.
Por iso dende o Club de Convivencia propóñemonos o seguinte reto...
... elaborar mil grullas de papel para poder pedir un desexo de corazón.
Para elo precisamos da vosa axuda. 
O Club de Convivencia e, todos e todas os que queiran colaborar, colocarán no cole e no barrio varias caixas para que  quen o desexe poida e deixar grullas que logo recolleremos. Estas grullas poden ser de diferentes cores e tamaños.
Temos de prazo ata o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No seguinte vídeo tendes un titorial para elaboralas.
Pero as grullas soas non teñen sentido. Necesitan un desexo de corazón que cumplir. 
Por elo entregarémosvos unha folla onde cada un de vós terá que escribir o seu desexo e o seu compromiso para conseguir o mundo que queremos.
         #obxectivo30dexaneiro: O mundo que queremos.
Imos colocar unha caixa de correo dos desexos no cole. Alí deixaredes os papeis cos vosos desexos para construír un mundo mellor
O día da Paz escolleremos o que acompañará as nosas grullas a Xapón o 6 de agosto, data escollida por ser o día do bombardeo de Hiroshima, para lembrar que estas barbaridades non se poden repetir. 

Podedes ver a historia de Sadako aquí:
Aceptades o reto?


1 comentario: