Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

domingo, 22 de marzo de 2020

AULAS GALEGAS E CONTIDOS EDUCATIVOS NA RTVG 2

AULAS GALEGAS.
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

Podedes acceder ao seu portal dende aquí. http://aulasgalegas.org/aulas-galegas-o-proxecto/
Unha vez dentro, podedes escoller o curso e alí atoparedes recursos para pasar as horas.

Tamén a partir do día 23 de marzo, no segundo canle da TVG podedes acceder a unha programación de contidos educativos en galego. Aquí tendes todos a información: http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos?_tcode=bHExNWQy

Ánimo a todas e todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario