Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de noviembre de 2018

OS MONSTROS 2.3. SON EXTRAORDINARIOS/AS!

O pasado sábado entraron a roubar no noso cole. Accederon forzando unha das ventás da nosa aula e antes de ir a reventar a porta de dirección, rebuscaron nos nosos caixóns e roubaron unha cámara de fotos que empregábamos no noso día a día, para compartir os nosos grandes momentos coas familias.
A verdade é que os peques cando chegaron o luns e se enteraron de todo decidiron facer algo, xa que lles pareceu moi inxusto o que nos fixeron. Aquí vos deixo a súa mensaxe...
Por certo, foi o único que roubaron, xa vedes, un gran botín...


COMPROMETIDOS CO COIDADO DO CENTRO

Os Monstros 2.3. comprometéronse a manter limpas as instalacións do noso cole, especialmente as dos baños que temos xunto a nosa aula... Para que ninguén se esqueza do que ten que facer cando as usa, decidiron facer uns carteis recordatorios.
Dicir que dende que están os baños son outra cousa, jejeje.